Escoitar

Actividades do Nadal en Vigozoo

Vigozoo abre as súas portas un Nadal máis. Durante o período comprendido entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro Vigozoo contará co programa "Un neno, un alimento" a través do cal preténdese axudar ás persoas máis necesitadas.

luns, 29 dec 2008
1230547460vigozoo291208.jpg
Deste xeito os nenos e nenas de 3 a 16 anos que traian a Vigozoo un alimento non perecedero contarán coa entrada totalmente gratuita. Todos os alimentos recaudados serán doados aos "Irmáns Misioneros dos Enfermos Pobres", situado en Teis.

Ademais Vigozoo desenvolverá gratuitamente durante este período unha serie de actividades , dirixidas a todos os menores que visiten o parque e quieran participar, como :talleres de pegadas, maquillaxe de cara e construción de adornos e postais de Nadal . Estas actividades realizaránse todos os días , excepto o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 xaneiro , en horario de 16:00 a 18:00 horas de forma continuada.
1230547460vigozoo291208.jpg
1230547473vigozoo2912081.jpg
Descargar todas as imaxes