O Concello aumenta as axudas para comedores escolares
O Concello de Vigo vai dedicar este ano 12 millóns de pesetas a subvencionar o comedor escolar aos rapaces e rapazas das familias viguesas con menos recursos económicos. Neste curso aumentáronse as axudas para atender o incremento de nenos e nenas que asisten aos comedores escolares debido á posta en marcha deste servicio en moitos colexios da cidade que ata agora carecían del.
Serán 733 familias que teñen fillos en centros públicos ou con concertos xerais as que se beneficien neste curso das subvencións municipais. As axudas que concede o Concello chegan ás 6.500 ptas.-mes, cantidade que cobre a meirande parte do custo do comedor.
Servicio municipal de deporte para maiores
A Comisión de Goberno adxudicou o concurso para a prestación do servicio de Deporte para Maiores. Este servicio municipal ofrece ás persoas de idade avanzada a posibilidade de realizar actividades físicas e deportivas baixo a supervisión de preparadores especializados. Os asistentes a estas sesións de deporte para maiores poden tamén recibir orientación en materia de coidados para a súa saúde e participar en excursións. O servicio está a disposición dos vigueses e viguesas nos pavillóns deportivos de Teis e das Travesas en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas.
Remodelación da praza do Progreso
O Goberno municipal adxudicou as obras de remodelación da praza do Progreso, que realizará a empresa Imes S.A. O presuposto da obra é de 14.632.000 pesetas que van ser aportadas polo Concello e a Consellería de Industria. Con esta remodelación búscase obter unha praza máis acolledora, que poida ser utilizada como lugar de lecer, con elementos vexetais, bancos e un alumeado máis moderno.