Escoitar

”A defensa da cidadanía: unha experiencia compartida” é o título da II Xornada do Valedor do Cidadán

mércores, 3 out 2001
imx626.jpg
Programa
A Concellería de Participación Cidadá organiza a II Xornada do Valedor do Cidadán, que se desenvolverá o 6 de outubro na Aula Sociocultural Caixa Galicia, co obxectivo de informar e dar a coñecer a opinión de especialistas no tema. Intervirán os defensores do cidadán de Badalona, Girona e Xixón e haberá un coloquio para consultar e achegar ideas.

”Nas liñas de acción prioritarias desta concellería está a defensa da cidadanía a través da instauración dunha figura que realice accións de mediación, arbitraxe e conciliación dos cidadáns coa Administración”, explicou a concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro.

Durante a xornada entregarase o Regulamento do valedor do cidadán en Vigo, aprobado xa polo Pleno do Concello e que rexerá a creación e funcionamento do mesmo, así como o borrador do I Plan Municipal de Participación Cidadá, que está en fase de recepción de propostas de debate.

PROGRAMA

10:00 horas
Inauguración da xornada pola concelleira de Participación Cidadá, María Dolores Cabaleiro González.

10:15 horas
A defensa da cidadanía: unha experiencia cotiá.
-María Teresa Seseras Vicens
(Defensora del Ciutadá de Girona).
-Zenaida Álvarez Bárzana
(Defensora del ciudadano de Gijón).
-Desiderio León Martínez
(Defensor de la ciutadania de Badalona).

11:15 horas
Pausa-café.

12:00 horas
Charla-coloquio.

13:00 horas
Clausura da xornada pola concelleira de Turismo e Comercio, Dolores Villarino Santiago.
Descargar todas as imaxes