A cuarta edición de Noites Vivas principia cunha afluencia masiva de participantes
O programa de lecer nocturno promovido polas concellerías de Xuventude e Deportes estase a converter nunha verdadeira alternativa á movida das fins de semana. Dende a posta en marcha desta edición, o pasado 21 de setembro, máis de 3.200 mozos asistiron ás actividades organizadas en diferentes lugares da cidade.
Dende as actividades deportivas, pasando por distintos obradoiros, bailes e danzas, xogos, conexión a internet, ata os concertos de grupos noveis e diferentes espectáculos, son algunhas das actividades con maior acollida.
Destaca-la presencia de moitos xoves que xa asistiron a pasadas edicións e que non dubidaron en sumarse e participar de novo nada máis ve-la publicidade de Noites Vivas.
Tamén cabe suliña-lo protagonismo de moitos xoves organizando actividades para outros xoves. Membros de asociacións xuvenís como Erva, Abertal e Ippon, entre outros, convocan a centos de participantes.
Ademais dos espacios habituais, nesta edición inclúense outros novos como a Asociación Xuvenil da A.V.V. de Beade, a Asociación de Veciños Vila de Bouzas ou a Asociación Xuvenil Camiño Vello (Coia). Así mesmo, salienta-la incorporación de actividades novidosas como é o caso das “Brigadas Verdes” que, baixo o lema de “Ponte verde: O Castro limpo é cousa de tod@s”, recollen o lixo e botellóns no monte do Castro incorporando no seu labor a moitos dos mozos que están no lugar os sábados pola noite.
A próxima fin de semana engádense ó programa as tradicionais clases de acuaerobic nas piscinas municipais e unha novidade: “Noites Vivas na Rede”, que será presentada mañá xoves, polo concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez Olveira, ós medios de comunicación.
Programación
NOITES VIVAS NO BERBÉS
Actividades:
- Bailes de Salón
- Tiro con arco
- Esgrima
- Sauna e musculación
- Squash
NOITES VIVAS EN COIA
Actividades:
- Obradoiros de cociña
- Internet
- Casa do Terror
- Cestería, coiro...
- Fotografía dixital
NOITES VIVAS EN TEIS
Actividades:
- Masaxes
- Malabares
- Loita Libre
- Máscaras, globoflexia
- Deportes, Pachanga nocturna
NOITES VIVAS EN LAVADORES
Actividades:
- Breakdance
- Obradoiros de percusión, batería
- Cine manga, partidas de rol
- Concertos
NOITES VIVAS NO CASTRO
Actividades:
- Noites Vivas na rede
- Graffiti
- Comics
- Deseño de webs
- Fotografía dixital
NOITES VIVAS NA PRAZA ELÍPTICA
Actividades:
- Exhibicións: slot, percusión, maxia...
- Bailes
- Karaoke
- Malabares, cócteles sen alcohol, murais, escritura xaponesa