A iniciativa didáctica municipal "Vigo Activities " pon en escea o espectáculo "Drákula". obra de teatro en inglés para escolares, a cargo do grupo "Firewalk Theatre"
O Servizo de Educación do Concello de Vigo no marco da proposta didáctica "VIGO ACTIVITIES" leva a escea no Auditorio Helios de Bembrive o mércores 28 e xoves 29 de maio en horarios matinais de 10,30 e 12,00 horas, 4 funcións da obra de teatro en inglés "Drákula", especialmente creada para escolares do 3º Ciclo de Educación Primaria polo Grupo de Zaragoza "Firewalk Theatre Productións S.L.".<br />
Ao longo destas catro sesións matinais programadas para escolares do 3º Ciclo de educación primaria, , 960 alumnos/as entre 11 e 12 anos, acompañados de 50 docentes pertencentes a 26 centros de ensino público da cidade, terán a oportunidade de achegarse a disfrutar do referido espectáculo didáctico, ofertado no marco do programa educativo municipal "Vigo Activities".
Todos os centros de ensino participantes dispoñen para o seu traballo inicial de motivación na aula, dun soporte documental completo, que inclúe a unidade didáctica ou word-pack (caderno de traballo) da adaptación desta obra clásica na que ven recollida unha proposta de actividades.
A versión de Firewalk Theatre aúna partes da novela orixinal de Bram Stoker e unha visión libre da figura de Drácula. A obra narra a viaxe de Jonathan Harker, humilde, tímido e escuro avogado que ve na viaxe a Transilvania a oportunidade de fuxir da súa estreita vida victoriana en Londres. As esceas sucédense mentras está no vagon cruzando Centroeuropa : aparecen os seus medos, obsesións, esperanzas... Cando chega ao castelo do Conde Drácula para asinar uns documentos de compra dunhas propiedades o contacto con ese estrano persoaxe fai que a súa vida cambie e volta a Londres diferente. O outro eu que estaba escondido nel o convirteu nunha extrovertida estrela de rock.
Á posta en escea, moi coidada e cun estilo altamente visual e dinámico, se lle engaden elementos indispensables para manter a atención do público (sustos, algún truco de maxía e bastante música)
A Compañía zaragozana "Firewalk Theatre" é un grupo de teatro internacional composto por profesionais de teatro de diferentes países: Gran Bretaña, Alemania, Estados Unidos e España.
Fundouse en 1997 como ampliación de "The George Frog Theatre Group" e "The George Frog Travelling Theatre Company" que dende 1993 tiña producido obras e espectáculos para estudantes en inglés e públicos angloparlantes de todas as idades.
O primeiro montaxe da nova compañía foi "Frankenstein" (1997) , logo viñeron entre outros, "Don Quijote e a búsqueda de Marcela", "Dr. Jekyll & Mr. Hyde", "Lazarillo de Tormes" ... e nos once anos de vida teñen feito produccións de formato medio e pequeño, cun promedio aproximado de 140 representacións por temporada, en xiras que percorren todo o país e dúas veces ao ano visitan Reino Unido.
Un dos grandes éxito da compañía ten sido "Drákula" que foi seleccionada para a XVI Feria de Teatro de Aragón, recibiu o Premio de Público no V Certame Nacional "La Garnacha" de Haro, foi a obra aragonesa máis vista en Aragón e foi finalista do XXVI Certame Nacional "Arcipreste de Hita" de Guadalajara.
"VIGO ACTIVITIES" da continuidade ao programa educativo municipal "AULAS INTERNACIONAIS", que tenta contribuir ao reforzo da capacitación óptima e satisfactoria da lingua inglesa a nivel oral no alumnado do 3º ciclo de educación primaria dos colexios públicos, como unha ferramenta de traballo para acadar o mellor coñecemento oral desta lingua que ten tan sobranceiro lugar na comunicación internacional.
Coa posta en escea da adaptación da obra clásica "Drákula" por parte da compañía "Firewalk Theatre Productións S.L.", temos intención de seguir propiciando no alumnado un contacto coa lingua inglesa gratificante en situacións de comunicación lúdicas e próximas á realidade do alumnado e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión lingüística, para mellorar os hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar a labor do profesorado de lingua inglesa por supor un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.
Descargar todas as imaxes