xoves, 23 mai 2024
O alcalde anunciou esta mañá que permanecerán dispoñibles para uso cidadán “ata o 30 de setembro”, sendo “a única praia do mundo que ten piscinas gratuítas a disposición dos usuarios”.
xoves, 23 mai 2024
Abel Caballero anunciou este xoves a reordenación da Praza do Berbés de Vigo, que inclúe a substitución da área deportiva por unha zona verde que contará cun novo parque infantil.
xoves, 23 mai 2024
O alcalde avanzou este xoves que as bases que regulan as subvencións dirixidas ás asociacións e entidades de carácter social que desenvolven actividades de servizos sociais ao longo do presente exercicio serán aprobadas mañá na Xunta de Goberno. Apuntou que están dotadas cun orzamento de 90.000 euros.
xoves, 23 mai 2024
A XXIV edición da festa da lingua galega, "Correlingua", contou este xoves en Vigo coa participación dun total de 1.823 alumnos de 23 centros do área. Marcharon en defensa do idioma galego entre a Casa do Concello e o monte de O Castro, onde realizaron distintas actividades. Co lema "Dende aquí ate acolá, galego xa!", o estudantado despregou reivindicativas pancartas. Os concelleiros de Educación, Olga Alonso; Política Social, Yolanda Aguiar; Cultura, Gorka Gómez; Medio Ambiente, Nuria Rodríguez e de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, participaron na saída da festa da lingua, onde animaron a aumentar o uso do galego entre os mozos.