O Goberno de Vigo destina 90.000 euros ás asociacións e entidades sociais que desenvolven programas solidarios
O alcalde avanzou este xoves que as bases que regulan as subvencións dirixidas ás asociacións e entidades de carácter social que desenvolven actividades de servizos sociais ao longo do presente exercicio serán aprobadas mañá na Xunta de Goberno. Apuntou que están dotadas cun orzamento de 90.000 euros.
Abel Caballero explicou hoxe que a concesión das subvencións ás asociacións de carácter social para desenvolver distintas actividades sociais se levarán adiante en concorrencia competitiva entre as entidades que poñen en marcha proxectos, programas, ou actividades solidarias dirixidas ás familias, á infancia, así como a maiores, persoas con diversidade funcional, ademais de aos dependentes do consumo de distintas substancias, as marxinadas e as que se atopan sen fogar.
“Seguimos facendo política social en favor dos menos favorecidos”, remarcou o alcalde.