xoves, 16 feb 2023
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto da reforma do Mercado de Teis, cofinanciado cos fondos europeos Next Generation EU enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
xoves, 16 feb 2023
O alcalde lembra que mañá venres comeza en Vigo a programación municipal para festexar o Entroido, que se desenvolve entre o venres 17 e o mércores 22 de febreiro. A música de Tanxugueiras encherá a Porta do Sol a partir das 20,30 h.
xoves, 16 feb 2023
O pavillón de As Travesas será a instalación na que a selección feminina de baloncesto completará a súa preparación para o Eurobasket 2023 que se disputará en xuño en Eslovenia e Israel. No acto de presentación, en Quirós, o alcalde avanzou que o adestrador Miguel Méndez será nomeado este ano Vigués distinguido.
xoves, 16 feb 2023
Abel Caballero participou no Foro “Os desafíos da economía galega para o trienio 2023-2025”, organizado por Faro de Vigo este xoves na Sede Afundación Vigo. O alcalde puxo de manifesto o valor da empresa: "É moi difícil facer unha empresa e levala adiante, competindo, e na competencia está o progreso e iso en Vigo entendémolo". Caballero tamén defendeu ante o tecido empresarial galego acabar coa inflación: "Neste xogo de grandes magnitudes hai que entender o momento tan difícil no que estamos". "A inflación é un horror, que rompe as regras do xogo, e fai sufrir".
xoves, 16 feb 2023
O alcalde asistiu esta mañá á apertura da exposición de “Francisco Fernández del Riego, 1913-2010. Letras Galegas 2023" que poderá visitarse ata o domingo 17 de decembro. Trátase dunha mostra autobiográfica que recolle unha selección das súas obras máis significativas.
xoves, 16 feb 2023
Abel Caballero achegouse esta mañá á inauguración dun novo Eroski Center na rúa Portanet que conta cun cadro de persoal de 54 profesionais e dispón de máis de 2.160 m2. En declaracións durante a visita ás instalacións, o alcalde felicitou á compañía galega de distribución alimentaria pola apertura deste novo supermercado, destacando que servirá para dinamizar a zona e xerar emprego.