martes, 27 decembro 2022

O Concello ondeará as bandeiras a media asta tres días en memoria das vítimas do bus accidentado no Lérez

martes, 27 dec 2022

O alcalde decretou durante que durante 3 días as bandeiras da cidade estean a medio mastro. Dos das persoas falecidas no accidente do autobús que caeu o río Lérez tiñan relación con Vigo, unha nacida na cidade e a outra residente durante unha tempada. "Poñémolas por elas, na súa honra e honor, e tamén por todas as persoas que faleceron no accidente tráxico e dramático. Queremos honrar a súa memoria", expresou o Abel Caballero.

O alcalde valora a "confianza e seguridade" que ofrece o punto de atención cidadá da Policía Nacional en Vialia

martes, 27 dec 2022

Abel Caballero asistiu este martes á sinatura do protocolo de cesión dun local no Centro Comercial Vialia ao Corpo Nacional de Policía, que foi rubricado por Teresa Verdugo, directora xeral de Nhood España e por Ramón Gómez Nieto, xefe superior de Policía de Galicia. O rexedor destacou a "gran cooperación entre as forzas de seguridade", que contribúe a "cohesionar a cidade" e referiuse á nova oficina como un "símbolo da presenza permanente para ofrecer confianza e seguridade". No acto estiveron presentes tamén o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; o comisario xefe provincial de Pontevedra, Juan José Díaz; e o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez.