mércores, 29 set 2021
O Pleno aprobou esta mañá, con ningún voto en contra, unha iniciativa socialista que pretende que a Xunta sufrague os comedores escolares e as aulas matinais que nestes momentos está a financiar o Concello. O edil de Educación, Gorka Gómez, lembrou na súa intervención que se trata dunha competencia exclusiva da Xunta de Galicia que, unha vez máis, desatende as súas obrigas na cidade.
mércores, 29 set 2021
Ao remate dunha reunión con representantes da Xunta de Persoal, Abel Caballero chamou a sumarse á mobilización convocada polos profesionais sanitarios para este xoves, 30 de setembro, ás 20 horas desde o PAC de Pizarro. “É fundamental que defendamos a sanidade pública, a atención primaria e hospitalaria”, argumentou.
mércores, 29 set 2021
O concelleiro de Servizos, Javier Pardo, puxo de manifesto o consenso acadado coas asociacións na nova normativa. O Pleno tamén aprobou cos votos do Grupo Municipal Socialista a modificación da Ordenanza Fiscal Xeral que conxela as taxas por segundo ano consecutivo.
mércores, 29 set 2021
O alcalde, Abel Caballero, fixo entrega este mércores dos recoñecementos xunto ao edil de Comercio, Ángel Rivas. A tapa de D’Antonio alzouse co primeiro premio no concurso, seguida da cociña do Café Bar A Dorna.
mércores, 29 set 2021
Abel Caballero mantivo un encontro afable coa cónsul do Consulado Xeral de la República de Argentina en Vigo, Silvina Montenegro. A representante do país suramericano valou xunto ao alcalde os anos de traballo na cidade. Ambos mandatarios despedíronse e agradeceren a colaboración mutua entre administracións.