venres, 10 setembro 2021

O alcalde eloxia a “valentía” das participantes da 7ª expedición ao Círculo Polar Ártico

venres, 10 set 2021

Abel Caballero despediu esta mañá ás cinco participantes da 7ª expedición ao Círculo Polar Ártico dentro do Reto Pelayo Vida “66 Norte”, unha iniciativa que ten por obxectivo sensibilizar sobre a importancia na prevención do cancro. O rexedor, na súa intervención, fixo un chamamento para o cribado do cancro de mama non se descoide como consecuencia da pandemia.