Caballero cifra en 13 millóns o que Vigo recibirá de fondos europeos para transporte
A cidade opta ao concurso aberto no marco do Next Generation EU e tamén presentará candidatura á liña europea para plans de turismo en destino. Logo dunha reunión coa ministra de Política Territorial, o alcalde constatou a “vocación do Goberno de España de atender aos concellos” e adiantou que Vigo verá aumentados nun 13% os ingresos das entregas a conta no 2022.