Escoitar

O Concello mellorará a seguridade dos motoristas coa instalación de novas biondas nos gardarraíles

A Xunta de Goberno Local aprobou o subministro e instalación de sistemas de protección para os motoristas cun importe de 350.000 euros

venres, 10 set 2021

O Concello reforzará a seguridade dos motoristas con novos sistemas de protección nos gardarraíles. A Xunta de Goberno Local aprobou a actuación en máis de 50 viais municipais o que supón 4km de estradas nas que se instalarán novas biondas.

Abel Caballero sinalou que “hai que rematar cos gardarraíles de máximo perigo para os motoristas xa que no caso de accidente estes convértense en coitelos.” Deste xeito, enumerou que algúns dos puntos de actuación son a avenida Arquitecto Palacios, avenida da Ponte, avenida do Tranvía, Cortellas, Saa do Monte, estrada da Balsa, A Madroa, Fragoselo e Clara Campoamor.

O rexedor contabilizou que en Vigo “hai máis de 30.000 motos” e amosou o interese por “favorecer o uso da motocicleta na cidade porque é un bo medio de transporte e no futuro serán todas eléctricas.”

Caballero lembrou que o Concello aplica rebaixas fiscais aos que utilizan as motocicletas, que xa hai instalados pasos adiantados, carrís exclusivos e zonas de aparcamento nas beirarrúas.

Subvencións ao deporte

Noutro orden de cousas, o alcalde deu conta da resolución da convocatoria específica para a concesión de subvenciones a entidades deportivas de Vigo. O orzamento aprobado na Xunta de Goberno foi de 925.000 e resultaron beneficiarias 169 clubs e entidades sen ánimo de lucro da cidade. O alcalde apuntou que “as axudan mantense a pesar da redución da actividade por mor da Covid-19”

Tamén aprobouse as bases e convocatoria de subvencións orientadas á mellora das instalacións en campos de fútbol de titularidade privada por valor de 215.000 euros. Tamén houbo luz verde ás axudas para deportistas de alo nivel en Vigo cun importe de 50.000 euros.

Descargar todas as imaxes