luns, 11 xan 2021
Abel Caballero advertiu este luns de que os datos da expansión do coronavirus na cidade de Vigo e na súa área sanitaria indican un novo repunte. “Temos que extremar as precaucións”, sinalou antes de amosar a súa preocupación pola existencia de pequenas festas en domicilios particulares.
luns, 11 xan 2021
O tráfico quedará cortado desde mañá martes 12 de xaneiro nas rúas Lepanto, Alfonso XIII e no acceso á AP9 para comezar a derruba do paso elevado e as obras de execución do túnel de entrada á estación. As alternativas para acceder á autoestrada son as seguintes: túnel de Beiramar, Isaac Peral, Praza San Lourenzo ou Bos Aires.
luns, 11 xan 2021
O Concello conta cada ano cun estudo que avalía a calidade do tráfico en corenta percorridos. Sobre o exercicio anterior, o 2020 reflicte un avance de 34 a 37 itinerarios con circulación boa ou moi boa, segundo trasladou este luns o alcalde. Dos tres restantes, dous víronse afectados polas obras da Gran Vía, xa finalizadas.