A publicación Elevator World outorga ás ramplas da Gran Vía o premio Proxecto do Ano 2021
O proxecto conseguiu o primeiro posto na categoría de corredores mecánicos destes prestixiosos recoñecementos internacionais. Vigo é a única cidade española nuns galardóns que nesta ocasión tamén premian iniciativas noutras modalidades en urbes como Melbourne, Nueva York, Jerusalén ou Hong Kong, entre outras.