martes, 12 xaneiro 2021

O Concello reitera a súa petición de coñecer o proxecto modificado de ampliación do Ifevi

martes, 12 xan 2021

O alcalde reiterou esta mañá que o Concello segue sen coñecer o proxecto modificado de ampliación do recinto feiral que prevé executar a Xunta e que, segundo vén de anunciar, inclúe un módulo deportivo. A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, enviou unha carta á Consellería de Economía reclamando o proxecto definitivo para comprobar que se cumpre a normativa xa que a expropiación podería correr perigo ao realizarse en base a uns fins que agora poderían verse mudados.

O rexedor eloxia o labor de Luis Espada como Valedor do Cidadán

martes, 12 xan 2021

Abel Caballero e Luis Espada mantiveron este martes un encontro no Concello no que abordaron o traballo que está a desenvolver o Valedor do Cidadán en diferentes ámbitos de interese para a cidade. O alcalde cualificou o labor realizado por Luis Espada como "excepcional" destacando os seus estudos sobre o ruído ou sobre o tráfico "que lle quero agradecer".