O Concello inicia a instalación das ramplas mecánicas na Gran Vía
Segundo informou Abel Caballero, este martes chegarán as primeiras cintas mecánicas que, unha vez conclúa a obra -previsiblemente en agosto-, facilitarán a subida da Gran Vía desde María Berdiales ata a rúa Venezuela. A humanización conta cun orzamento de 5,1 millóns, con financiamento de fondos FEDER da Unión Europea.