venres, 21 febreiro 2020

O alcalde eloxia e agradece a labor da axente da Policía Local que salvou a vida dun bebé

venres, 21 feb 2020

Abel Caballero agradeceu esta mañá á policía local María Jesús Antúnez que salvara a vida dun bebé que se estaba asfixiando e para o que a súa nai pedía axuda na tarde do xoves na rúa Pino. O alcalde eloxiou os reflexos e o bo facer desta axente recentemente incorporada ao corpo de seguridade municipal e que neses momentos estaba fóra de servizo.

O alcalde destaca os avances da cidade na loita contra o cambio climático

venres, 21 feb 2020

Abel Caballero acompañou este venres ao alumnado do Colexio Salesianos no acto celebrado na Praza do Rei para amosa a súa unión e compromiso contra o cambio climático. O alcalde destacou que o Concello de Vigo xa incorporou numerosas medidas na loita contra o quentamento global e a contaminación atmosférica. O acto pechouse cunha coreografía na que participaron os estudantes e a lectura dun manifesto de compromiso co planeta.