venres, 16 feb 2018
O alcalde valorou este venres o informe "de excelencia" do Consello de Contas correspondente a estes dous anos, prazo no que a Intervención viguesa non firmou ningún reparo mentres que nas outras cidades galegas se gastaron 65 millóns de euros pese ás obxeccións de Intervención.
venres, 16 feb 2018
Abel Caballero anunciou este venres os primeiros concertos para as festas de Vigo. O catalán Joan Manuel Serrat traerá a súa xira "Mediterráneo da Cap" o vindeiro 21 de xullo e Raphael estará o 2 de agosto con "Loco por cantar". Ambos actuarán no Auditorio de Castrelos e Caballero avanzou outra "decena" de concertos e "algunha sorpresa".
venres, 16 feb 2018
Abel Caballero informou este venres da aprobación dos pregos e licitación deste servizo por 1.890.000 euros. O Concello contrata así por catro anos a limpeza de case unha veintena de espazos deportivos municipais, a razón de preto de 20.000 horas ao ano.
venres, 16 feb 2018
O alcalde saudou este venres no Auditorio Municipal aos nenos e nenas que asistiron á charla "Un vigués chamado Verne" dentro do encontro internacional Vigo Verne con motivo do 150 aniversario da entrada do "Nautilus" do Capitán Nemo na ría de Vigo. As xornadas continúan durante toda a fin de semana con varios actos, entre outros unha ofrenda floral este sábado no monumento a Xulio Verne e unha ruta marítima o domingo pola ría.
venres, 16 feb 2018
Logo de recibir aos representantes do Colexio de enxeñeiros navais e oceánicos, o alcalde de Vigo explicou que no encontro "constataron a boa marcha do sector, que empeza a recuperar o seu espazo". Outra das conclusións que compartiron foi a falta de profesionais cualificados nalgúns ámbitos do sector, unha situación consecuencia, segundo Caballero, do descoido da Xunta na formación de traballadores nos últimos catro anos.
venres, 16 feb 2018
O alcalde de Vigo presentou hoxe venres a quinta edición de "A Gran Bikedada", prevista para este domingo, como "un evento deportivo da meirande importancia, de gran contundencia, consolidado no calendario ciclista galego e diría que empeza tamén a traspasar fronteiras", asegurou o rexedor.