"Se o Goberno non nos permite reinvestir o noso superávit, tomaremos medidas este mesmo mes"
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP explicou este martes en Pontevedra que "queremos que os nosos recursos sexan utilizados en favor dos nosos territorios" e lamentou a falta de resposta do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. Abel Caballero non descarta "máis accións e máis potentes" para impulsar unha solución.