xoves, 15 dec 2016
O alcalde reclama a activación do convenio para que a Xunta subvencione un autobús ao aeroporto, tal e como fai en Santiago. O Concello enviou en setembro as observacións ao texto do convenio e aínda non obtivo resposta.
xoves, 15 dec 2016
O alcalde vigués achegouse este xoves ao Mercado de Teis para coñecer e felicitar aos alumnos e alumnas dos centros educativos e sociais de Teis que tomaron parte na decoración do Nadal deste ano. Abel Caballero salientou esta "mostra de participación cidadá" nas festas.
xoves, 15 dec 2016
O rexedor acompañará ao ex alcalde da Coruña Francisco Vázquez no descubrimento dun cadro que homenaxeará a súa traxectoria ao fronte do Goberno local de A Coruña en dependencias municipais Antes, Caballero manterá un encontro de cortesía con actual rexedor, Xulio Ferreiro.
xoves, 15 dec 2016
O alcalde informou da previsión de asistencia de arredor de 3.000 motos a este evento solidario, no que se recollerán produtos para o Banco de Alimentos de Vigo, e que sae da rúa Venezuela o sábado ás 16,00 horas da tarde.
xoves, 15 dec 2016
A programación de artes escénicas e musicais "Vigocultura", organizada no Auditorio Municipal, porá fin á súa edición 2016 este vindeiro domingo día 18, batendo marcas de asistencia. "As tres Reinas Magas" será o espectáculo que clausurará a programación deste segundo semestre.
xoves, 15 dec 2016
O artista Samuel Castro (A Coruña, 1981) presenta Sistemas dinámicos na Fundación Laxeiro, a súa primeiroa exposición individual en Vigo, en la que propón unha reflexión sobre as diferentes concepcións do Tempo, baseada na idea do cambio permanente ao que a arte non é allea.Inauguración<br />
16 de decembro, 2016. 19.00h<br />
xoves, 15 dec 2016
AConcellería de Igualdade do Concello de Vigo, convidá a asistir ás proxeccións de curta seleccionadas polo festival Cortoespaña os dias 16 e 29 de decembro no Auditorio Municipal