venres, 16 decembro 2016

O alcalde anuncia "novidades" en Venezuela e Porta do Sol dentro do proxecto Vigo Vertical

venres, 16 dec 2016

O goberno de Vigo acordou este venres a aceptación formal da subvención europea para acometer "unha acción histórica na cidade", explicou Caballero: levar o Vigo Vertical ao monte do Castro, ao casco histórico, á estación do AVE, ao entorno do Xeral e ao bulevar central da Gran Vía. O rexedor vigués avanzou que haberá "máis novidades" en Venezuela e Porta do Sol no marco deste proxecto.

Vigo poderá descubrir os segredos dos Guerreiros de Xi'an nunha mostra organizada no Porto

venres, 16 dec 2016

Abel Caballero participou esta mañá na inauguración dunha exposición que descobre os segredos do conxunto escultórico dos Guerreiros de Xi'an. Baixo a organización de Faro de Vigo, Terracota Warriors. The army of the first emperor of China terá abertas as súas portas nas instalacións portuarias da Nave de O Tinglado ata o próximo 19 de febreiro. Vigueses de todas as idades gozarán dun impresionante conxunto escultórico, do xacemento arqueolóxico máis grande do mundo -datado no 211 antes de Cristo- e un dos máis complicados de ver, xa que estas valiosas pezas apenas saen de China.