Escoitar

O Concello ten en marcha na cidade 40 humanizacións cun investimento de 27 millóns de euros

O concelleiro de Fomento deu conta das corenta obras de humanización que están en marcha ou a piques de comezar na cidade. Tal e como explicou, a inversión é de 27 millóns de euros e permitirá xerar un millar de postos de traballo.

mércores, 14 dec 2016
1481724899david.jpg
O concelleiro de Fomento, David Regades, fixo esta mañá un balance das corenta obras que o Concello ten en marcha ou a piques de comenzar. Estas humanizacións ou melloras, cun importe de 27 millóns de euros, permitirán xerar ao redor de 1.000 postos de traballo. Regades referiuse en primeiro lugar á reforma da grada de Tribuna de Balaídos, valorada en 5,2 millóns, que rematará en xaneiro, así como ás humanizacións da segunda fase de Ferreiros e a cuarta da rúa Aragón.

Segundo detallou, estanse a facer distintas reparacións nas seguintes rúas: Luis Seoane, Esperanto, Tomás Alonso, Calexón Rivera, Revolta Matamá, Curva en Sampaio de Abaixo, abastecemento Avenida de Galicia, Bueu, Lotas e Brea e Ruta da Auga. En referencia a outra das obras en marcha, a humanización de García Barbón, adiantou que as beirarrúas estarán rematadas antes do Nadal.

Tamén se están a realizar obras de asfaltado en catro zonas distintas da cidade. No centro, estase a traballar en Bouzas (Casiano Martínez), Calvario (Emilio Martínez Garrido) e Tomás Alonso (Ramón Soler). Na zona rural de Vigo leste, o Concello está a realizar traballos de asfaltado nas seguintes rúas: Bembrive (Cruz, Xestoso); Lavadores (Barreiro, Brea, Pardavila, Pepe Castro e Roteas Abaixo); Cabral (Ameal, Bosque, Cernades, Fontiñas, Patas e Riomao); Candeán (Monte Pequeño e Solombo) e Teis (Amieiro, Bailén, Devesa Santa Tegra, Paraixal, Poulo e Santa Tegra). En Vigo oeste, Saiáns (Cal do Outeiro); Oia (Currás, Hermida, Pedreira e Verdella); Coruxo (Calzada); Navia (Bravo, Cerquiro, Pereiras); Alcabre (Millareira) e Comesaña (Rial). En Rural Vigo Sur, Valadares (Gándara, Garrida, Nancales e Pomba); Matamá (Balsa); Beade (Brea, Lago e Vaca Morta); Castrelos (As Coutadas e Telleira) e Sárdoma (Carballo, Finca Doña Concha, Louxada, Marco e Pescadería).

Para evitar que as obras prexudiquen durante o período de Nadal, o Concello demorará ata xaneiro o inicio dos traballos na rúa Rola, subida ao cemiterio de Puxeiros, Dona Fermina, Doutor Antón Beiras, fase dous de Gregorio Espino, Doutor Corbal, Rosalía de Castro -entre Canceleiro e Serafín Avendaño, Vía Norte -entre Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Fernández-, Alvaro Cunqueiro, Calexón dos Caños, beirarrúa Castelo, Estornino, Camelias -entre Doctor Marañón e Juan Ramón Jiménez, Llorente, Bueu, segunda fase das escaleiras de Abeleira Menéndez, aparcamento público do hospital Álvaro Cunqueiro e subida á Corredoura.
Descargar todas as imaxes