A Fundación Provigo realizará un estudo estratéxico sobre o desenvolvemento da cidade
Logo da reunión do Padroado desta mañá, o alcalde informou da aprobación do plan de actuación da entidade para o vindeiro ano que inclúe unha análise da economía, o I+D, o naval e a pesca como claves do desenvolvemento de Vigo.
O Padroado da Fundación Provigo deu luz verde este martes ao Plan de Actuación da entidade para o exercicio 2017 que inclúe un estudo estratéxico sobre as liñas de desenvolvemento da cidade, coa economía, o naval, o I+D e a análise do ámbito pesqueiro que, para o rexedor, son os "temas que marcan a cidade".
Despois do encontro, Abel Caballero transmitiu a "preocupación e rexeitamento" do Padroado da Fundación Provigo á proposta do Ministro de Fomento sobre a paralización do AVE de Vigo a Madrid, que consideran "un tema estratéxico na cidade", polo que a entidade convocará unhas xornadas para abordar esta cuestión.
Descargar todas as imaxes