martes, 10 mai 2016
Ao abeiro da Lei do Catastro Inmobiliario os Concellos deben tramitar a baixada do IBI urbano ao solo urbanizable sen ordenación detallada para ser incluído no padrón do IBI de natureza rústica. Vigo xa comunicou a Facenda a primeiros de ano este cambio que afecta a máis de 5.000 parcelas que deberán aboar o tipo impositivo mínimo vixente na cidade que é do 0,3% e supoñerá un aforro de 600.000 euros.
martes, 10 mai 2016
O alcalde participou este martes na presentación desta iniciativa, no CEIP Balaídos, promovida por FCC e Contenur. De abril a xuño, máis de 3.500 escolares de Primaria tomarán parte nesta proposta, con Dinoseto como responsable de ensinar aos pequenos a importancia de reciclar e manter limpa a cidade.
martes, 10 mai 2016
Abel Caballero asistiu este martes á celebración do Día de Europa organizada pola Axencia Europea de Pesca en Vigo e referiuse ao "soño" que supuxo a entrada en Europa para a cidadanía española e á relevancia da pertenza á Unión Europa para a economía viguesa, especialmente simbolizada no ámbito pesqueiro e na cooperación coa Axencia instalada na cidade. Ademais, o rexedor vigués instou á Unión Europea a que "se abra aos refuxiados que reclaman acubillo e auxilio" para seguir cumprindo a súa obriga no ámbito social. <br />
martes, 10 mai 2016
O segundo tenente de alcalde de Vigo, David Regades, representou á cidade olívica na asamblea anual da Rede Española de Cidades Intelixentes, que se celebrou este martes en Granada. O tamén edil de Fomento trasladou neste foro a experiencia "Smart City" viguesa, que definiu como un "modelo" para toda España.
martes, 10 mai 2016
O alcalde avanzou que hoxe martes Vigo se sumará á conmemoración do Día Mundial de Lupus coa iluminación en cor morado das fontes da rúa Aragón con Jenaro de la Fuente. A cidade, deste xeito, incorpórase ás actividades organizadas para concienciar á poboación da importancia desta enfermidade. <br />