Caballero anima a "seguir sendo a cidade da solidariedade e dos dereitos" na Carreira de Obstáculos para a Integración
Promovida por Aspanaex, a Fundación Abrente e o Concello de Vigo, o alcalde invitou á cidade a sumarse e participar nesta proba non competitiva do Proxecto ENKI, que loita pola integración das persoas con diversidade funcional. Co apoio da Obra Social La Caixa e fins solidarios, a Carreira será o 29 de maio no Náutico e está aberta a todos os públicos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou este luns o seu "agrado e entusiasmo" pola posta en marcha na cidade do Proxecto ENKI e, en particular, pola Primeira Carreira de Obstáculos para a Integración, promovida por Aspanaex, a Fundación Abrente e o Concello, co apoio da Obra Social La Caixa, entre outros patrocinadores e institucións colaboradoras.
Caballero invitou aos vigueses e viguesas a participar na cita e amosar que "en Vigo queremos seguir sendo a cidade da solidariedade e, sobre todo, dos dereitos". Xunto ao alcalde, na presentación tomaron parte o presidente de Aspanaex, José Manuel Carballo, a presidenta da Fundación Abrente, Carmen Touza, e o director da área de Vigo de La Caixa, José Manuel Escobar.
A Primeira Carreira de Obstáculos para a Integración celebrarase o domingo 29 de maio, ás 11 horas, na zona do Náutico, A Laxe e as Avenidas. É unha proba non competitiva, que procura a diversión e a inclusión, aberta á participación de todos.
A carreira ten unha lonxitude algo superior aos dous quilómetros, con saída e meta na explanada fronte ao Real Club Náutico, nun circuito urbano pola zona do Porto xunto ao mar e ante o Centro Comercial A Laxe. Os participantes terán que salvar obstáculos coma unha montaña de neumáticos, un baño de escuma, unha guerra de cores, un laberinto de cordas e xogos de colaboración, entre outras. Cada un dispón dun pictograma indicando en qué consiste a proba.
A organización anima aos equipos a disfrazarse e premiará o disfraz máis orixinal, ademais de distinguir ao equipo máis numeroso e ao máis animado durante o percorrido. Tratándose dun evento lúdico, non se premiará ao primeiro en chegar.
A inscripción é de sete euros para o público en xeral, cinco para persoas con diversidade funcional e para os menores de dez anos. Pode formalizarse na web do evento ou na sede de Afundación. O 100% dos fondos recabados destinarase ás entidades sociais que conforman a Feira da Solidariedade e iniciativas que promovan a inclusión no deporte das persoas con discapacidade.
Feira da Solidariedade
Na mañá do propio domingo 29 de maio, a organización instalará a Feira da Solidariedade na explanada do Náutico, un esapzo con varios postos de diferentes entidades sociais que conforman o Proxecto ENKI. O obxectivo é dar a coñecer o seu traballo, os colectivos que representan e a labor que realizan.
Ademais haberá actividades gratuitas, como unha xincana deportiva, photocall interactivo con redes socias, obradoiros e xogos de sensibilización, animación musical...
Descargar todas as imaxes