Escoitar

O Concello arrancará no verán a humanización de Doutor Corbal e a II fase de Ferreiros

O alcalde avanzou esta mañá a aprobación dos proxectos de humanización de Doutor Corbal e a II fase de Ferreiros o que permitirá comezar coas obras este verán. O goberno local, asimesmo, deu luz verde á contratación dos servizos de xestión do programa de Vigo en inglés, dotado con 1,4 millóns de euros.

luns, 9 mai 2016
O goberno local aprobou os proxectos de humanización das rúas Doutor Corbal e a II fase de Ferreiros. No primeiro caso, cun importe de medio millóns de euros, renovaránse beirarrúas, redes de abastecemento e saneamento, ademais de renovar o alumeado e o mobiliario urbano. As obras, que arrancarán en agosto e se prolongarán 6 meses, irán desde a avenida Sanjurjo Badía ata Camiño Maceiras.

Tamén comezarán no estío as obras da II fase de Ferreiros – desde Ramón Antonio Álvarez ata a avenida Atlántida-, cun importe de 150.000 euros. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, renovarase toda a pavimentación, as redes de saneamento e abstecemento así como o alumeado e o mobiliario. Neste caso o prazo de execución é de tres meses. O goberno local tamén deu luz verde ás obras de renovación da rede de saneamento no Callexón dos Caños, cun importe de 50.000 euros e un mes para executar as obras.

Na Xunta de Goberno local do pasado venres día seis tamén se aprobou a adxudicación da contratación dunha segunda fase dos servizos de xestión, organización e desenvolvemento do programa municipal de inersión lingüística Vigo en inglés. O Concello de Vigo ofertará neste 2016 un total de 617 prazas cun montante económico de 1,4 millones. Os alumnos de Bacherelato (aqueles que non poideron gozar da súa bolsa en 2013) viaxarán no mes de xuño, ao rematar a Selectividade, mentres que os 420 estudantes da ESO sairán no mes de setembro, como é habitual. Segundo explicou Caballero, a demanda de alumnos de Bacherelato foi superior ás prazas dispoñibles neste exercicio polo que o Concello habilitará para eles novas bolsas o ano que ven, coincidindo co primeiro ano dos seus estudos universitarios.

Caballero tamén deu conta do expediente de contratación dos servizos de mantemento e reparación das instalacións de contenerización soterrada del Concello. Abrase así o procedemento licitatorio cun importe de dúas anualidades de preto de 36.000 euros cada unha.