martes, 11 agosto 2015

O goberno local colaborará no congreso que organizará en Vigo a Asociación de Enfermos De Artrite

martes, 11 ago 2015

O alcalde mantivo este martes unha reunión cos responsables da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra (ASEARPO), organizadores das XI Xornadas do mes da artrite, que terán lugar o 17 de outubro en Vigo, coa colaboración do Concello. A entidade, de carácter provincial, quere realizar a súa función desde a cidade, polo que o goberno de Vigo considerará a posibilidade de cederlles un local.

Exposición eclectiCIDADE

martes, 11 ago 2015

eclectiCIDADE é o nome que dá título a un ciclo de tres exposicións que se desenvolven simultáneamente no Verbum-Casa das Palabras,na Casa Galega da Cultura e na Casa das Artes de Vigo durante o mes de agosto.