Escoitar

O Concello reforza o transporte público ao novo hospital con 4 novas liñas

Desde a Praza de América sairán autobuses cara ao novo hospital cun intervalo de 15 minutos, coa remodelación do transporte público que ven de acometer o Concello para dar servizo ao novo hospital. Son catro as novas conexións que o goberno local implementou e que, tal e como explicou o rexedor, serán revisadas dentro de seis meses para estudar a evolución do transporte e realizar cambios, se fora preciso.

luns, 10 ago 2015
1439209948vitrasa.JPG
Catro novas liñas de autobús darán servizo ao novo hospital Alvaro Cunqueiro, tal como avanzou esta mañá o alcalde durante unha rolda de prensa na que o concelleiro David Regades deu conta dunha remodelación do transporte para dar resposta ás necesidades de todas as rúas e parroquias da cidade. Na presentación tamén estiveron presentes a actual concelleira de Transporte, Angeles Marra e o responsable da concesionaria, Juan Carlos Villarino.

Desde o pasado 6 de xullo, están a funcionar lanzadeiras desde a Praza de América para dar servizo aos usuairos e traballadores de consultas externas, pero, a partir do 24 de agosto, coa entrada en funcionamento de todos os servizos hospitalarios, é preciso reforzar o transporte. Con ese obxectivo, ampliáronse as liñas L6 e L12B ata o novo complexo hospitalario. Segundo detallou, a primeira das conexións amplíase desde a Igrexa de Beade, pasando por Coutadas, Estrada Porto e Estrada da Venda. A L12B, desde Pereiró, continuará por canteiros, Manuel Cominges, Ramiro Pascual e Clara Campoamor.

A reorganización do transporte suporá a creación de dúas novas liñas. A H1, con saída desde Policarpo Sanz, Pi i Margall, Praza América, Avenida Castrelos e Clara Campoamor. A segunda, chamada H2, parte de Travesía de Vigo-Choróns, Pizarro, Praza España, Gran Vía, Praza Amércia, Avenida de Castrelos e Clara Campoamor.

Tal e como detallou Regades, desde a Praza de América sairán lanzadeiras ao novo hospital cada 15 minutos, o que garante que todos os cidadáns teñan acceso rápido e cómodo xa que en As Travesas conflúen na actualidade 19 liñas de Vitrasa.
Descargar todas as imaxes