luns, 23 xuñ 2014
Volotea iniciou hoxe o voo a Palma de Mallorca, unha conexión que se une á de Ibiza e Valencia que arrancaron este mesmo mes. Segundo detallou o rexedor en rolda de prensa, xa está vendido o 60% dos billetes o que refrenda que "cando en Vigo hai oferta de voos de baixo custo, a xente viaxa".
luns, 23 xuñ 2014
Este luns comezan as actividades coa izada da bandeira no Concello e a celebración dun obradoiro na Casa das Mulleres. O día central será o sábado, 28 de xuño, coa manifestación "Polos Dereitos Humanos LGTB" e a Festa Orgullosx na Praza da Pedra. A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, animou á participación para defender os dereitos do colectivo.
luns, 23 xuñ 2014
Unha media de 300 persoas ao día visitaron o pasado fin de semana o Centro de Interpretación do mundo romano de Toralla que abriu as súas portas ao público o venres 20 de xuño. O rexedor "invita a toda a cidade" a achegarse a estas instalacións que estarán abertas e con acceso gratuíto entre as 11,00 e as 13,00 horas e as 17,00 e as 19,00 horas.
luns, 23 xuñ 2014
O martes, 24 de xuño, ás 20:00 h, terá lugar na planta baixa da Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15) a inauguración da exposición "Vigo ten swing. Unha aproximación á historia do jazz en Vigo", organizada pola Concellería de Cultura e Festas con motivo da décima edición do Festival de Jazz IMAXINA SONS.