O alcalde "invita a toda a cidade" a visitar o Centro de Interpretación de Toralla
Unha media de 300 persoas ao día visitaron o pasado fin de semana o Centro de Interpretación do mundo romano de Toralla que abriu as súas portas ao público o venres 20 de xuño. O rexedor "invita a toda a cidade" a achegarse a estas instalacións que estarán abertas e con acceso gratuíto entre as 11,00 e as 13,00 horas e as 17,00 e as 19,00 horas.