venres, 15 out 2010
O alcalde galardoou hoxe venres con serigrafías institucionais a varios investigadores do centro vigués do Instituto Español de Oceanografía, pola alta repercusión dos seus traballos en publicacións especializadas de alto impacto. O equipo de Hidrocarburos do Departamento de Contaminación Mariña foi recoñecido en particular polo seguemento e avaliación do impacto do verquido do Prestige na costa galega.
venres, 15 out 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este venres que as 27.000 persoas que pasaron polo xacemento de O Castro dende a súa apertura o avalan como "referente da oferta cultura de Vigo". O nacionalista manifestouno tras a visita que realizou ao contorno do xacemento para comprobar as melloras realizadas no seu acceso, e na que tamén participaron o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez.
venres, 15 out 2010
O alcalde, Abel Caballero, e os concelleiros de Participación Cidadá e Cultura, Santos Héctor e Xesus López, respectivamente, acompañaron ao presidente da Asociación na presentación do libro "Saiáns de onte a hoxe", editado en conmemoración do trixésimo aniversario da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "San Xurxo" de Saiáns. A publicación repasa a historia da parroquia e da propia entidade.
venres, 15 out 2010
O Auditorio Municipal acollerá esta fin de semana as actuacións de O Trasno e Títeres Trompicallo, no marco da programación estable de artes escénicas, segundo informa a Concellería de Cultura. A compañía O Trasno Novo Teatro celebrará mañá, 16 de outubro ás 20.30 horas, o seu 30 aniversario, mentres que o domingo Títeres Trompicallo interpretará ás 18 horas a obra "Violeta Coletas contra as salchichas ¡gulp!", dirixida ao público infantil.
venres, 15 out 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recollerá esta noite o Premio Galicia á Xestión Deportiva concedido ao Concello de Vigo pola organización do Foro Mundial FISU que se celebrou na cidade no pasado mes de xuño. O galardón foi concedido por unanimidade polo xurado dos I Premios Galicia á Xestión Deportiva da Asociación Galega de Xestores Deportivos, que presidiu Eduardo Blanco Pereira e que distingue ás persoas é entidades que teñen destacado pola súa contribución ao desenvolvemento e excelencia da xestión deportiva en Galicia.