Escoitar

Alumnos da ESAD e do Conservatorio Superior de Música de Galicia promocionan as xornadas "Vigo no Diván"

O grupo Perkuka, do Conservatorio Superior de Música de Galicia, e alumnado da Escola Superior de Arte Dramática amenizaron onte mércores na rúa do Príncipe o reparto de información das xornadas "Vigo no diván" organizadas por Outro Vigo É Posible coa colaboración da Alcaldía de Vigo e incluídas nos actos do Bicentenario da Cidade.

xoves, 14 out 2010
1287059583diivan.JPG
"Vigo no Diván" son dúas xornadas de reflexión sobre o pasado, presente e futuro da urbe, coa presenza de distintos expertos e a participación da cidadanía.

Outro Vigo é Posible realizou onte pola tarde accións informativas dirixidas a recabar a participación da cidadanía viguesa na rúa do Príncipe. Continuarán o venres antes da celebración da xornada, repartindo información coa participación do grupo Perkuka do Conservatorio Superior de Música e de alumnado da Escola Superior de Arte Dramática, que fan cadanseu espectáculo de rúa, ademais dos estudantes do Conservatorio Profesional de Música.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a secretaria de Outro Vigo é Posible, Marina Troncoso, presentaron o pasado mércores as dúas xornadas de reflexión sobre o pasado, o presente e o futuro da cidade coas que se pretende realizar unha reflexión colectiva, sosegada e plural, segundo explicou Troncoso na presentación das mesmas, sempre a partir da opinión de expertos.

Caballero subliñou o papel de Outro Vigo é Posible como "gran inspirador" e "actores principais" na organización, desenvolvemento e promoción desta actividade que chama ao análise sobre o camiño percorrido pola cidade e a senda que quere percorrer. As xornadas están abertas á cidadanía que poderá acudir os sábados 16 e 23 de outubro ao Centro Social Caixanova.
Descargar todas as imaxes