Caballero afirma que en novembro se inicia a construcción dunha pasarela ecolóxica desde A Guía ata A Rotea
A Xunta de Goberno Local deu o seu visto bo á modificación do proxecto da obra que impulsa o Concello de Vigo, unha vez incluidas as alegacións de Patrimonio Histórico para respectar unha zona de adoquinado nos terreos da ETEA. Ademais, o alcalde informou da aprobación da contratación dos traballos de humanización da rúa San Roque, no barrio de Ribadavia, unha reforma moi demandada pola cidadanía, segundo apuntou Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe mércores que o próximo mes de novembro darán comezo os traballos de construcción da pasarela ecolóxica que uniá A Guía con A Rotea polo borde litoral, que rematarán aproximadamente en abril de 2011.
Segundo informou o rexedor, a Xunta de Goberno Local celebrada o pasado luns deu luz verde á modifición do proxecto, unha vez incluídas as alegacións de Patrimonio Histórico solicitando que se respectase máis un adoquinado presente na ETEA que data do século XX.
Abel Caballero indicou que o goberno local modificará o tamaño do paseo para respectar o adoquinado orixinal e efectuará a súa mellora e acondicionamento, "representativo" da ETEA.
San Roque
O alcalde de Vigo informou asemade doutros acordos adoptados polo goberno local, entre os que destacou a saída a licitación dos traballos de humanización da rúa San Roque, no barrio de Ribadavia.
Segundo explicou, esta reforma era moi demandada pola veciñanza da zona pois mellorará un vial dunha zona que leva "un século abandonada". Caballero afirmou que é "a primeira vez nos últimos cen anos que se fai un adecentamento e, neste caso, unha humanización nunha rúa do barrio de Ribadavia.
Caballero deu conta das licitacións da nova beirarrúa entre a Avenida de Fragoso e Eugenio Kraff, en Balaídos, e da humanización da rúa Pino, entre Urzáiz e Asturias. A Xunta de Goberno Local validou o proceso de acondicionamento do muro de contención da rúa Gonderán e o proxecto de obra da Escola Infantil de Mestres Goldar na súa parte exterior, pois a interna foi remodelada mediante os plans de emprego do Concello de Vigo.
O alcalde cifrou en 940.000 euros o investimento municipal aprobado nestas decisións adoptadas polo goberno local o pasado luns, que da continuidade á "cascada de inversións" que ven levando adiante o Concello de Vigo. Estas reformas estarán concluídas entre abril e maio, apuntou Caballero.
Descargar todas as imaxes