mércores, 8 abril 2009

Santi Domínguez afirma que o Plan de Usos do Porto "está no bo camiño para chegar a consensos"

mércores, 8 abr 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, afirmou este mércores que as propostas do Plan de Usos do Porto "están no bo camiño para chegar a consensos". O nacionalista realizou estas declaracións tras a xuntanza que mantivo hoxe co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Xesús Paz, que cualificou de "moi cordial", e que tivo como obxectivo explicar polo miudo ao tenente de alcalde as liñas xerais do Plan de Usos e do Plan Estratéxico do Porto.

A Casa da Xuventude inicia o vindeiro luns unha nova rolda de exposicións de artistas mozos

mércores, 8 abr 2009

Dende o vindeiro luns, 13 de abril, a Casa da Xuventude acollerá unha nova rolda de exposicións protagonizadas por mozos e mozas artistas e que poden visitarse nas instalacións de López Mora de luns a venres en horario de 09 a 14 horas e de 17 a 20 horas. "Tempo imaxinario", das artistas licenciadas en Belas Artes pola Universidade de Vigo Haya Blanco, Carolina Caluori, María Castellanos e Olalla Cortizas, será a primeira que se exporá, do 13 ata o 24 de abril.