Escoitar

O Concello encarga informes técnicos para adecuar o Piricoto ao entorno

Dando así cumprimento ao "mandato imperativo" do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 20 de febreiro deste ano, o alcalde informou que Urbanismo remitiu hoxe martes cartas ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e á Escola Técnica Superior de Arquitectura de Galicia para que informen de cómo adaptar a Colina de Castrelos ao ambente.

martes, 7 abr 2009
1239108661P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe martes que Urbanismo encargou ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e á Escola Técnica Superior de Arquitectura de Galicia a elaboración de sendos informes que indiquen cómo adaptar o edificio do Piricoto, a Colina de Castrelos, ao ambente.

O goberno local da así cumprimento ao "mandato imperativo" do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que na súa sentenza do 20 de febreiro de 2009 esixía ao Concello a adaptacion do edificio ao entorno. Abel Caballero afirmou asemade que hoxe martes se dará conta ao Tribunal do inicio dos trámites para a execución da sentencia.

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, remitiu este martes sendas cartas a ambas entidades para solicitar os informes técnicos que deberán indicar o modo de dar cumprimento á sentenza. Unha vez estean rematados e en mans dos técnicos municipais, serán estes, en coordinación co propio edil, os encargados de adoptar as decisións oportunas, segundo explicou o alcalde.
Descargar todas as imaxes