Un estudo independente sitúa a Vigo como o quinto concello máis transparente de España
O traballo elaborado pola ONG Transparencia Internacional outorga 80 puntos sobre 100 á transparencia e nivel de información á cidadanía do Concello de Vigo, soamente superado en España por Bilbao, Gijón, Cartagena e Barcelona. A organización realizou o estudo sobre 80 indicadores independentes.
O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, presentou este mércores os resultados do estudo independente elaborado pola Organización Non Gubernamental Transparencia Internacional, que sitúa ao de Vigo como o quinto Concello máis transparente na súa relación coa cidadanía.
Segundo explicou o edil, a Organización concedeu 80 puntos sobre 100 ao Concello de Vigo, a maior puntuación das cidades de Galicia e a quinta entre os 100 municipios de maior poboación de España.
O traballo estimou 80 indicadores diferentes dos concellos, distribuídos en cinco grandes apartados: información sobre a Corporación Municipal, a relación coa cidadanía, a transparencia económica e financeira, nas contratacións e de servizos, e a transparencia en urbanismo e obras públicas.
O concelleiro subliñou que Vigo dobra en puntuación a cidades como Valencia ou Salamanca e supera a urbes como Madrid, por exemplo. O titular de Xestión Municipal destacou que "estamos nunha posición moi boa" no Concello de Vigo e "cumprimos un obxectivo do goberno local" coa mellora dos canais de información cos cidadáns de Vigo.
A ONG mundial Transparencia Internacional foi fundada en España coa finalidade prioritaria de combater a corrupción, evaluando o nivel de transparencia dos concellos e incrementando a información á cidadanía.
Descargar todas as imaxes