venres, 16 mar 2007
O Concello de Vigo achegará este ano algo máis de 205.000 euros para que a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS) de Centros Públicos xestione os comedores escolares dos centros públicos da cidade e desenvolva actividades extraescolares. A alcaldesa, Corina Porro, e o presidente de FOANPAS, Julio Melero, asinaron esta mañá o novo convenio entre Concello e esta federación.
venres, 16 mar 2007
Achegamos a relación das persoas, asociacións ou institucións da cidade que a alcaldesa de Vigo propón por decreto para ser destinatarios do galardón Vigueses Distinguidos 2007. Unha relación da que se dará conta na Xunta de Goberno Local que se celebrará o vindeiro luns, 19 de marzo.