Os escolares vigueses participarán nun concurso para seleccionar tres das estatuas da CowParade
Cando queda aproximadamente un mes para o inicio da CowParade, a organización desta mostra internacional busca a implicación dos máis pequenos animando os centros escolares de Vigo a participar nun concurso co que se seleccionarán tres das esculturas que permanecerán expostas en espazos públicos da cidade.
Estímase en 25.000 o número de nenos e nenas que participarán nesta iniciativa ligada á CowParade para decidir como serán pintadas estas tres vacas, a través dos deseños que cada unha das escolas escollerá para participar neste concurso. Entre todos os deseños que se presenten farase unha selección dos tres máis orixinais.
Unha vez decididos os bocetos, levarase a cabo o pintado das vacas para que estean listas o día que comece a CowParade. Aínda que a data de inicio do evento non está fixada, o máis probable é que sexa na semana do 9 de abril.
A concelleira de Turismo, Lucía Molares, o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, o director de CowParade Vigo, Mario Ubiaga, e o responsable de Relacións Externas de El Corte Inglés, José Manuel Blanco, salientaron hoxe xoves durante a presentación deste concurso a importancia de facer os vigueses máis novos partícipes dunha iniciativa cultural que nos últimos anos ten pasado por capitais como Zurich, Chicago, Nova Iorque, Sydney, Barcelona, Lisboa e Londres.
Precisamente os nenos e nenas foron os destinatarios durante o pasado Nadal das actividades organizadas por CowParade baixo o nome de NaviCow, que se desenvolveron nunha carpa situada para a ocasión na praza de Compostela.
Descargar todas as imaxes