mércores, 7 marzo 2007

Vigo celebra o Día Internacional da Muller

mércores, 7 mar 2007

A concellería da Muller, como en anos anteriores, apoia á manifestación do día 8 de marzo convocada pola coordinadora local da Marcha Mundial das Mulleres que co lema "Elixes: compartir ou discriminar" percorrerá as rúas de Vigo a partir das 20 horas dende a praza de Portugal ata a Porta do Sol.

Danza, "performance" e teatro na xornada de mañá xoves de ALT o.7

mércores, 7 mar 2007

O Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo únese mañá xoves á celebración do Día Internacional da Muller cun espectáculo de danza no MARCO ("Tanzabend", de Paloma Díaz) e a "performance" de Rosa Casado "Las sin tierra", no Auditorio Muncipal. A xornada completarase coa representación da "Historia de José Agarrotado, menudo hijo de puta", dos barceloneses LosCorderos.

Anuncio Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Carral

mércores, 7 mar 2007

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de pavimento, a realizar pola empresa ACCIONA, estará pechada ao tráfico a rúa Carral, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 8 de marzo de 2007 e por un período aproximado dunha semana.

Danza, "performance" y teatro en la jornada de mañana jueves de ALT o.7

mércores, 7 mar 2007

El Festival Alternativo de Teatro y Danza de Vigo se une mañana jueves a la celebración del Día Internacional de la Mujer con un espectáculo de danza en el MARCO ("Tanzabend", de Paloma Díaz) y la "performance" de Rosa Casado "Las sin tierra", en el Auditorio Muncipal. La jornada se completará con la representación de la "Historia de José Agarrotado, menudo hijo de puta", de los barceloneses LosCorderos.