Escoitar

Vigo celebra o Día Internacional da Muller

A concellería da Muller, como en anos anteriores, apoia á manifestación do día 8 de marzo convocada pola coordinadora local da Marcha Mundial das Mulleres que co lema "Elixes: compartir ou discriminar" percorrerá as rúas de Vigo a partir das 20 horas dende a praza de Portugal ata a Porta do Sol.

mércores, 7 mar 2007
1173273582cartelmuller.jpg
O Día Internacional da Muller, vense a celebrar dende 1975, ano declarado por Nacións Unidas como Ano Internacional da Muller, pero que ten a súa orixe en 1908 en Nova York para mellorar as súas condicións de vida.

A comezos do século XX, moitas mulleres incorporáronse ao traballo nas fábricas nunhas condicións moi duras: xornadas laborais longuísimas, de doce e máis horas, recibindo salarios inferiores ós dos homes. A medida que as mulleres se ían incorporando ao mundo laboral, facíase máis evidente que aquela situación non era xusta, e pouco a pouco empezaron a organizarse.

Unha das protestas reivindicando mellores condicións laborais foi a que protagonizaron as traballadoras da fábrica téxtil Cotton de Nova York, en Estados Unidos. Era o 8 de marzo de 1908 e as traballadoras encerráronse no interior para pedir que se lles reducira a súa xornada laboral a 10 horas. Os propietarios da fábrica decidiron incendiar o edificio para facelas saír de alí, pero o resultado foi de 129 traballadoras mortas. A cor lila con que se identifica este día é porque dese ton era o tecido que estaban a facer as obreiras o día que morreron.

Estes son os feitos puntuais, que nos serven de referencia concreta para conmemorar este día, pero o 8 de marzo é moito máis ca celebración duns feitos concretos. Por iso, durante todo o mes de marzo colectivos de mulleres da cidade de Vigo realizan xornadas, conferencias, teatro, cine e outras actividades con motivo da celebración deste día. A organización deste actos conta co apoio da Concellería da Muller.
Descargar todas as imaxes

Máis información