martes, 4 xullo 2006

O Concello quere mellorar a mobilidade con novos túneles urbanos

O Concello propón dotar a Vigo de cinco túneles urbanos (Aragón-Martínez Garrido, Camelias-Venezuela, Castelao-Grove, Beiramar e Guixar) e unir o territorio municipal entre o nó de Buenos Aires e o nó da Balsa (segundo cinto) por medio da Ronda de Vigo. A proposta foi presentada hoxe martes pola alcaldesa, Corina Porro, como unha vía para "retirar o tráfico da superficie e mellorar a mobilidade".

A alcaldesa coloca a primeira pedra da futura piscina de Valadares

martes, 4 xul 2006

A alcaldesa, Corina Porro, colocou hoxe martes a primeira pedra da futura piscina de Valadares, instalación que se enmarca no Plan de Piscinas deseñado pola Concellaría de Deportes. Ao inicio das obras de construción desta piscina seguiranlle nas próximas datas o das outras dúas previstas no Plan, na Miñoca e en Barreiro.

O grupo tocará o seu gran éxito "Nunca Volverá"

El Sueño de Morfeo chega a Castrelos

martes, 4 xul 2006

O concelleiro de Cultura, Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López Chaves, presentou esta mañá de martes no Concello de Vigo o concerto de El Sueño de Morfeo. O recital que abrirá o grupo galego Quatro d Abril, vaise celebrar o venres 7 de xullo no Parque de Castrelos a partir das once da noite.