O Concello quere mellorar a mobilidade con novos túneles urbanos
O Concello propón dotar a Vigo de cinco túneles urbanos (Aragón-Martínez Garrido, Camelias-Venezuela, Castelao-Grove, Beiramar e Guixar) e unir o territorio municipal entre o nó de Buenos Aires e o nó da Balsa (segundo cinto) por medio da Ronda de Vigo. A proposta foi presentada hoxe martes pola alcaldesa, Corina Porro, como unha vía para "retirar o tráfico da superficie e mellorar a mobilidade".
Túnel Aragón-Martinez Garrido
O Túnel Aragón-Martínez Garrido configúrase como prolongación do actual paso inferior, co obxecto de salvar a intersección de Genaro de la Fuente. A extensión do túnel comprende un treito de 220m de lonxitude e formula ademais do soterramento de ambos os sentidos de tráfico Aragón-Martínez Garrido, o soterramento parcial do sentido do tráfico Martínez Garrido-Genaro de la Fuente, con obxecto de salvar a intersección de Ramón Nieto. A actuación comprende tamén o tratamento de superficie e reordenación do tráfico de toda a intersección. O investimento estimado é de 5,5 millóns de euros.
Túnel Camelias-Venezuela
Este túnel urbano, cun orzamento estimado de 5 millóns de euros, discurrirá por debaixo da rasante actual de Camelias permitindo soterrar a maioría do tráfico en superficie dos movementos Venezuela-Camelias-Hispanidade. O túnel estenderase nuns 400 metros incluíndo as bocas de entrada.
Esta actuación permitirá a construcción dun vial humanizado integrado no parque do Castro recuperando o uso peonil e sobre todo a transversalidade entre o Concello e o parque público. A reordenación do tráfico compleméntase mediante a incorporación de rotadores tanto en Hispanidade como en Marques de Alcedo.
Túneles Avda. Castelao-Grove
As infraestruturas propostas implican soterrar os tráficos directos de Castelao-Avda.Europa e o transversal Grove-Martín Echegaray. Haberá dous niveis debido ás condicións de cotas das rúas de acceso:
- O túnel superior enlazará o treito da rúa O Grove-Echegaray e terá unha extensión de 300 metros
- O túnel inferior enlazará o treito principal de Avda de Europea con Castelao , con 400 metros de prolongación.
Ámbolos dous túneles terán un carril único para cada sentido de circulación con seccións totais de 10 metros de anchura. O presuposto para esta actuación ascende a 7,20 millóns de euros.
Túnel urbano de Beiramar
O Cinto Litoral é un viario distribuidor dentro do viario estruturante do PXOM de Vigo en fase de aprobación definitiva. Estrutura amplas zonas do centro urbano de Vigo. A consecución do peche do túnel hoxe en día existente ata a intersección da Avda. da Coruña, e logo ata Bouzas parece unha actuación prioritaria, co obxecto de:
- conseguir a continuidade do cinto litoral en todo o frente maritímo, entre a AP-9, e o primeiro e segundo cinto en Bouzas
- mellorar a accesibilidade portuaria
- minorar os efectos de borde, conectar a cidade cas zonas de ocio a recuperar no borde litoral portuario, coa extensión das actuacións de humanización dende Montero Ríos ata a propia extensión da zona de Beiramar, incluindo as emblemáticas prazas do Berbes, así como Casa-Mar, e o fronte recuperado ata a Avda. Coruña
A actuación, cun orzamento de 15 millóns de euros (incluíndo a reurbanización do espazo público da superficie) pasa polo soterramento do tráfico de paso dende o rotador a dous niveis existente no acceso ao porto no peirao pesqueiro (altura das Lonxas de baxura e altura), e o rotador da intersección da Avda. Coruña. Pasa pola continuación e extensión do túnel de Beiramar nun tramo de 1.000 metros de lonxitude, nun caixón de 18 metros de anchura, para soterrar os dos sentidos de circulación, con dobre carril de circulación cada un.
Túnel de Guixar
O túnel de Guixar iria da rúa Xulián Estevez, discorrrendo soterrado e paralelo ao eixo Sanjurjo Badía - Avenida de Galicia, ao longo dunha extensión de 1500 metros incluindo as bocas de entrada, cun caixón de 18 metros de anchura, que permite soterrar os dous sentidos de circulación, con dobre carril de circulación cada un.
A configuración do túnel permite integrar no soterramento tanto os tráficos locais do barrio de Teis como os tráficos portuarios, creando unha alternativa de acceso o porto dende o Este da cidade.
Esta actución supón un investimento de 17 millóns de euros e ten por obxectivos estruturar o viario local permitindo liberar de tráfico o eixo, mellorar a accesibilidade portuaria e dar continuidade ao Cinto Litoral cara ao Leste da cidade.
Ronda
A Ronda de Vigo configurase como unha vía urbana para articular o territorio periurbano de Vigo na súa totalidade, e polo tanto, como unha vía que vai ter un protagonismo esencial dentro da estructura da cidade nas próximas décadas e un mellor artellamento do crecemento desta periferia, así como unha mellora das conexións cos municipios lindeiros.
O trazado decorre cáseque paralelo á franxa costeira, pero polo interior do municipio, resolvendo os principais problemas de mobilidade desde Teis ata Comesaña, parindo desde a Travesía de Vigo, á altura da redonda de Buenos Aires, e tendo como principais conexións co viario existente: A AP9, a Estrada do Aeroporto, a rúa Ramón Nieto, a Avda. de Madrid (Seminario), a Estrada da Universidade, a de Vincios e a Estrada de Camposancos.
Coa súa construcción lograrase un dobre obxectivo: por unha parte a comunicación entre as parroquias da coroa exterior do termino municipal, logrando a vertebración das mesmas e terminando co seu illamento. Por outra parte solucionaríase unha gran parte dos problemas de tráfico xa que moitos desprazamentos non terán que pasar polo centro da cidade.
Descargar todas as imaxes