III Rallye do Sur do Condado Gran Premio Concello de Salvaterra
venres, 7 xul 2006
"Queremos seguir apostando por este rallye" afirmou a Concelleira de Deportes, Lucía Morales. Este é o segundo ano que o Concello de Vigo apoia o Rallye do Sur do Condado, na súa terceira edición. A competición consta de 1 etapa, dividida en catro seccións cunha distancia de 312,80 km. Segundo o Director da Carreira o apoio do Concello favoreceu o primer posto do rallye no ámbito galego en 2005.
Reúnense no Concello a Concelleira de Deportes e os respresentantes da Comunidade de Montes de Coruxo
venres, 7 xul 2006
O Concello de Vigo e a Comunidade de Montes de Coruxo levarán a cabo este ano a creación dun circuito permanente no monte de Coruxo; unhas instalaciós nas que se poida celebrar o Campeonato Mundial de Montanbike, así como outros eventos relacionados co deporte base e actividades dedicadas os nenos para que practiquen deporte o aire libre.
venres, 7 xul 2006
Os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 aos 12 anos poden participar, ata o 16 de xullo, no Campamento Urbano que se está a desenvolver no Museo Verbum-Casa das Palabras, e que inclúe actividades como como a animación á lectoescritura, xincanas, contacontos e xogos de diversa índole.
venres, 7 xul 2006
A Xunta de Goberno Local está convocada para realizar sesión ordinaria na súa Sala o luns 10 de xullo de 2006, ás 8:00 horas en primeira convocatoria e ás 9:00 horas en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.<br />
<br />