venres, 20 feb 2004
A Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes establece un operativo especial o sábado 21 e o mércores 25 con motivo dos desfiles das comparsas. Percorridos alternativos, cortes de tráfico e eliminación do estacionamento de vehículos son algunhas das medidas.
venres, 20 feb 2004
A praza do Rei e o auditorio municipal centran as actividades do Entroido que a Concellería de Festas programa para os mais cativos os días 22,23 e 24 de febreiro.
venres, 20 feb 2004
A alcaldesa , Corina Porro, almorzou hoxe coa alcaldesa de Valencia, Rita Barberá e a presidenta da Asemblea de Madrid, Concepción Dancausa que participan na mesa redonda sobre muller e poder político no primeiro Foro "A muller no século XXI. Rompendo o teito de cristal".
venres, 20 feb 2004
O Concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou o avance das exposicións que programa o seu departamento para os vindeiros meses. O Museo de Quiñones de León acollerá a exposición "Castrelos inédito.Obras en reserva do museo municipal de Vigo". Na Casa das Artes poderanse ver as exposicións "Vigo na súa Reconquista. Feitos e personaxes", "Plein Mer" ( fotografías de Jean Gaumy),"Galicia, camiño celeste" e "Galicia dixital".
venres, 20 feb 2004
O luns, día 23, a partir das nove da mañá, reunese en sesión plenaria a Corporación Municipal, no salón de plenos do Concello de Vigo.
venres, 20 feb 2004
Quince minutos despois de rematar o pleno que se celebra o luns día 23, terá lugar a reunión da Xunta de Goberno Local na sala de comisións do Concello.
venres, 20 feb 2004
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural e maila Asociación de Comerciantes de Príncipe convocan o Concurso de disfraces do Entroido 2004, que terá lugar o luns, día 23 de febreiro, na rúa do Príncipe (diante do Marco). En previsión de posibles inclemencias metereolóxicas o concurso celebrariase no salón de actos do MARCO.