Escoitar

Avance das exposicións da Concellería de Cultura

O Concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou o avance das exposicións que programa o seu departamento para os vindeiros meses. O Museo de Quiñones de León acollerá a exposición "Castrelos inédito.Obras en reserva do museo municipal de Vigo". Na Casa das Artes poderanse ver as exposicións "Vigo na súa Reconquista. Feitos e personaxes", "Plein Mer" ( fotografías de Jean Gaumy),"Galicia, camiño celeste" e "Galicia dixital".

venres, 20 feb 2004
1077288610chaves.jpg
Ignacio López Chaves
Casa das Artes

"Castrelos Inédito- Pinacoteca galega contemporánea,1950-2000", do 9 de marzo ó 11 de abril. Esta exposición, primeira dunha serie de dúas, pretende dar a coñecer ó público as obras de arte do museo municipal "Quiñones de León" menos coñecidas por atoparse nas salas de reserva do museo ou depositadas como préstamo a outras institucións viguesas. A selección foi realizada polos especialistas en arte e no museo de Castrelos, o pintor Antonio Quesada e o crítico Francisco Pablos . Nesta primeira exposición presentase máis de 100 obras de arte, tanto pintura como escultura, producidas en Galicia durante a segunda metade do século XX. Poderanse ver pezas dunha amplísima nómina de artistas. Estas obras proceden do propio museo municipal de Castrelos, do Concello, e dos depósitos do Marco, da Universidade de Vigo, da Fundación Provigo e do Instituto Santa Irene. A segunda exposición abranguerá a formación da pinacoteca cos autores máis representativos na primeira metade do século XX en Galicia.

"Galicia dixital", exposición prevista do 7 de abril ó 2 de maio. A exposición mostra unha experiencia visual que une a modernidade da tecnoloxía co contido: o coñecemento do camiño de Santiago e da comunidade galega. Entre os elementos que se utilizan están imaxes en 3D, son surround, simuladores de movemento, caso virtual, proxecto S.A.N.T.I. e fotografía 360º.

"Plein Mer"( fotografías de Jean Gaumy da Axencia Magnun). Exposición prevista do 13 de maio ó 4 de xullo.

"Galicia, camiño celeste", para o mes de decembro de 2005 e xaneiro de 2005. Esta exposición mostra os traballos de fotógrafo Xurxo Lobato. Son imaxes de Galicia tomadas desde o aire .

Museo Municipal "Quiñones de León"

No museo poderase ver a exposición "Vigo na súa Reconquista. Feitos e personaxes" do 28 de marzo ó 25 de xullo. Esta exposición significa o primeiro achegamento ó público vigués dos acontecementos da Reconquista a través dunha exposición. Tratarase de explicar os feitos e personaxes principais que interviron nos acontecementos de 1809 a través de paneis informativos e a exposición de obxectos de época que conserva o propio museo ou cedidos por outros da comunidade: bandos militares, armamento da época, bandeiras, etc...

Neste sentido o museo fixa a súa liña expositiva de tratar acontecementos da historia local mediante a celebración de mostras temporais como xa ocurriu coa exposición dedicada os cen anos do laboratorio municipal celebrada, con gran éxito de público, a comezos do ano 2003.
Descargar todas as imaxes