luns, 16 febreiro 2004

Instalación dun novo sistema de recollida de pilas

O Concello de Vigo, a través da concellería de Medio Ambiente, activou, xunto coa Asociación Española de Recolledores de Pilas e Acumuladores, o sistema eco-pil especializado na recollida selectiva de pilas , complementando así os sistemas actuais.O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, destacou que coa instalacións deste sistema perséguese infundir valores orientados ao respeto e a conservación do medio ambiente.