Escoitar

Instalación dun novo sistema de recollida de pilas

O Concello de Vigo, a través da concellería de Medio Ambiente, activou, xunto coa Asociación Española de Recolledores de Pilas e Acumuladores, o sistema eco-pil especializado na recollida selectiva de pilas , complementando así os sistemas actuais.O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, destacou que coa instalacións deste sistema perséguese infundir valores orientados ao respeto e a conservación do medio ambiente.

luns, 16 feb 2004
1076941157pilas1.jpg
O sistema desenvolvese mediante a instalación de bidóns especializados na recollida de pilas e acumuladores, construidos integramente en aceiro inoxidable, cun volume de 220 litros, deseñados para a vía pública contra actos vandálicos. No seu interior incorporan un bidón homologado para o depósito e o transporte de pilas e acumuladores,con capacidade para 90 quilos, e un depósito con capacidade para 3 quilos para almacenaxe de pilas botón.Ambos depósitos facilitan un viciado cómodo e inclúen un sistema de peche de alta seguridade.

Serán 20 os bidóns que se instalen en diferentes puntos da cidade de gran afluencia de poboación como son os accesos a centros educativos e universitarios; supermercados e centros comerciais; prazas céntricas e avenidas principais; estación de autobuses e ferrocarril ; zonas deportivas e centros sociais.

Coa instalacións deste sistema perséguese infundir valores orientados ao respeto e a conservación do medio ambiente. Neste senso pretendese sensibilizar á poboación cara un cambio de hábitos na súa xestión de residuos, do "usar e tirar" ó "usar e reciclar", estimulando a recollida selectiva de residuos co fin de reducir os excesivos impactos ambientais .

Localización dos colectores de pilas

1.- Praza de América ( fronte o centro Comercial Camelias)
2.- Praza da Independencia ( Avenida Camelias, 118)
3.- Praza de España ( muro entre as rúas Manuel Olivé e Fernando Conde)
4.- Rúa Rosalía de Castro números 28 e 58.
5.- Gran Vía ( a 20 metros da porta principal do Corte Inglés)
6.- Gran Vía ,2
7.- Praza de Compostela, 17
8.- Rúa Cánovas del Castillo ( entre as rúas Laxe e Baixada á Fonte)
9.- Rúa García Barbón, 30.
10.- Estación de RENFE ( esquina acceso parque infantil)
11.- Rúa Gregorio espino,85.
12.- Porta do Sol
13.- Rúa Policarpo Sanz,40.
14.- Rúa Grove,4.
15.- Príncipe con Urzaiz.
16.- Berbés ( entre as rúas Teófilo Llorente e Cánovas del Castillo)
17.- Calvario, zona peonil fronte ó mercado.
18.- Rúa Bolivia.
19.- Praza do Rei ( quiosco escaleiras na Av. Camelias)
1076941157pilas1.jpg
1076941835pilas2.jpg
Descargar todas as imaxes