xoves, 18 decembro 2003

O Goberno anuncia un plan de choque para axilizar a tramitación dos expedientes da Xerencia de Urbanismo

xoves, 18 dec 2003

O concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Jose Manuel Figueroa, informou ós representantes dos distintos grupos políticos da convocatoria dunha reunión extraordinaria da Xerencia de Urbanismo o vindeiro luns, 22 de decembro, ás 11:30 horas, na que se tratará o calendario e a metodoloxía a seguir para a aprobación do PXOM e se abordará a posta en marcha dunha comisión de seguimento do plan, integrada polo Concello, a Xunta, Zona Franca, a Autoridade Portuaria e o Ministerio de Fomento. Así o anunciou a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, trala celebración do Consello da Xerencia de Urbanismo de hoxe.

Concerto de clausura do ARE-MORE a cargo da Teresa Berganza

xoves, 18 dec 2003

A mezzosoprano Teresa Berganza clausura o ciclo de música ARE-MORE organizado pola Concellería de Cultura e que se desenvolveu desde o mes de outubro. O concerto terá lugar o venres, día 19, ás 20.30 horas , no cine Fraga Caixa Galicia. Berganza estará acompañada de José María Garrardo Rey.

Conmemoración do Estatuto de Autonomía

xoves, 18 dec 2003

A Casa Galega da Cultura acolle unha exposición de conmemoración do Estatuto de Autonomía de Galicia do 19 ao 31 de decembro organizada pola Federación Veciñal de Vigo, a Fundación Alexandre Bóveda, a Fundación Castelao a Fundación pola promoción da Saúde e a Cultura e a Concellería de Animación Sociocultural.