Concerto do cuarteto do corda "Manuel Palau"
O xoves ás 20.30 horas e no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo vai ter lugar o quinto concerto do XVII Ciclo de Intérpretes Internacionais organizado por Xuventudes Musicais de Vigo, e patrocinado pola Concellería de Cultura. Actuará o cuarteto de corda "Manuel Palau" que interpretará un programa con obras como Cuarteto de Corda, en Fa maior, Op. 96 (Cuarteto Americano) de Antonin Dvorák e o Cuarteto de Corda, en Re menor, Op Póstumo ( A morte e a Doncela) de Franz Schubert. O concerto será con carácter aberto e gratuíto.
O Cuarteto de Corda "Manuel Palau" formouse no ano 1996, en Valencia, respondendo as inquedanzas dos seus compoñentes por ampliar coñecementos no plano camerístico. Está conformado por Miguel Ángel López Gómez e Victor Lacruz Moreno ( violíns ), Isabel lópez Ribera (viola ) e Gustavo Canet Peiroten (violoncello). Todos eles remataron os estudios superiores de instrumento e música de cámara, nos conservatorios de Valencia, Córdoba e Palma de Mallorca.
Arestora, amplían os seus estudios como bolseiros por institucións como Caja Madrid, Fundación Albéniz e "Lladró".
A pesar da súa xuventude, os membros do Cuarteto posúen unha grande experiencia, tanto camerística coma orquestral coa Joven Orquesta de Cámara "Joaquín Rodrigo", entre outras. Teñen realizado concertos por toda a Comunidade Valenciana, sendo salientables os que realizaron no Centro Cultural da Beneficencia e no Palau da Música de Valencia. O seu repertorio abrangue os cuartetos de Beethoven, Brahms e Barber, entre outros. Recentemente obtiveron o Segundo Premio do Concurso de Música de Cámara de Joventuts Musicals de Vinarós e de resultas do mesmo realizaron unha xira de concertos por Andalucía e Extremadura.
Descargar todas as imaxes